Skip to main content
Actualidade

O candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo queixase dos recortes do PP

Por 23 Abril, 2019Sin comentarios

O candidato do PSOE ao Senado pola provincia de Lugo, César Mogo, denunciou que “os senadores do PP débenlle aos lucenses unha explicación de porqué votaron en contra da senda de déficit proposta polos socialistas no Goberno do Estado, que supoñían case 150 millóns máis nos orzamentos galegos de 2019”.

César Mogo subliñou que “o que necesita Lugo son parlamentarios no Congreso e no Senado preocupados pola provincia, que presenten iniciativas e impulsen proxectos. Lamentablemente non atopamos nin rastro do compromiso e do traballo dos senadores do PP. Por moito que repase o Diario de sesións, non vexo defender os intereses do territorio nin dos lucenses. E máis, atopámonos que os representantes do PP traballan en contra de todos os galegos. Deben aclarar porqué opuxéronse á senda de déficit e porqué boicotearon as negociacións do Goberno de Pedro Sánchez coa Comisión Europea que suporían case 150 millóns de euros máis para Galicia para destinalos a políticas sociais e de benestar. Os senadores do PP teñen esa mancha que nunca poderán limpar”.

“Outra vez vemos dous modelos confrontados. O do PP, baseado nos recortes constantes e no bloqueo permanente; e o do PSOE, fundamentado en mellorar a calidade de vida das persoas, ofrecendo máis capacidade económica ás familias. Iso, é o que nos xogamos o próximo 28 de abril. Avanzar cara a un futuro mellor e máis digno ou retroceder e volver a situacións dramáticas para aos veciños de Lugo”.