Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Ampliado o prazo de solicitude das axudas da PAC

Por 25 Abril, 2019Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural amplía o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o vindeiro sete de maio, incluído ese día.

Esta medida adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as solicitudes de preto de 30.000 agricultores e gandeiros. O prazo inicial para presentar ditas solicitudes remataba o vindeiro martes, 30 de abril, e con esta medida amplíase unha semana máis.

O pasado 31 de xaneiro saía publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC. Do orzamento previsto para esta convocatoria 2019-2020, o 80% correspóndese aos pagamentos directos da PAC e o resto ás medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).