Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello renova tres parques infantís municipais

Por 25 Abril, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba está a traballar para poñer a punto os parques infantís de varios puntos do núcleo urbano. En concreto, o equipo de goberno está a traballar nas áreas infantís situadas na Praza da Constitución, na da rúa Grupo As Fontiñas e, por último na rúa Pepe Apenela.

As actuacións que se están a realizar inclúen a substitución do antigo chan por un novo de caucho, así como o arranxo e a reposición dalgúns xogos.

O obxectivo destes traballos é renovar estes espazos, utilizados a diario por decenas de nenos do municipio, adaptándoos, ademais, á normativa vixente. Para acometer estes labores o Concello destinará 70.000 euros procedentes dos fondos municipais.