Skip to main content
ActualidadeMeira

Roteiro pola Terra de Miranda de Meira

Nesta nova edición do geolodía, a festa de divulgación da xeoloxía, descubrerán a bisbarra de Terra de Miranda, un territorio cheo de fermosos paraxes naturais integrados en dúas Reservas da Biosfera. Será un roteiro o 11 e 12 de maio.

O geolodía é un conxunto de saídas de balde coordinadas pola SGE, guiadas por xeólogos e abertas a todo tipo de público. Co lema Mira lo que pisas o seu principal obxectivo é amosar que a xeoloxía é unha ciencia atractiva e útil para a nosa sociedade.

Esta actividade tamén pretende dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico dunha zona, e promover a súa protección e posta en valor.

O percorrido escollido consta de seis paradas, das que na guía se describen os seus aspectos xeolóxicos máis salientables.

A inscrición está aberta ata o 9 de maio e hai un número limitado de prazas.