Skip to main content
Actualidade

Faia Díaz e Vero Rilo presentan na Casa-Museo Manuel María o seu espectáculo Por unha peseta

Por 15 Maio, 2019Sin comentarios

A vocalista Faia Díaz (Coro Encaixe, Devacas…) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique…), APATACÓN, presentan este sábado, 18 de maio, ás 20:30, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o seu espectáculo Por unha peseta, un traballo onde voz narrada e cantada achégase por menos de nada para encontrar canto vale unha peseta.

Historias de vida recollidas na nosa contorna e no universal que nos achegan a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xentes. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, mais desde un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca.

O espectáculo ten unha duración de unha hora e pode reservarse o billete a 5 euros en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no teléfono 698 177 621.