Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Museo de San Paio de Narla acolle dobre celebración

Por 15 Maio, 2019Sin comentarios

O Museo San Paio de Narla acolle esta fin de semana a celebración dunha chea de actividades facendo coincidir as Xornadas de Interpretación e dinamización do medio rural coa celebración do Día dos Museos.

Así, este venres ás 16.30 horas na Fortalezaterá lugar a inauguración das xornadas, seguido da lectura de textos de Antón Fraguas a cargo dos nenos e nenas de Friol.

Ás 17.30 horas terá lugar a conferencia Antonio Fraguas lucense de adopción e devoción, a cargo de  Antonio Prado, doutor en Historia e sucesor de Fraguas na cátedra do Instituto Masculino.

Ás 187.30 horas estrearase a montaxe Mulleres de Narla: cambiemos o conto, do grupo de teatro Carballo Vivo.

Nesta ocasión viaxaremos desde o afastado século XVI – partindo do lendario– ata os nosos días, tendo como eixo transversal  a vida e pensamentos de diferentes mulleres de diferentes épocas e diferentes sensibilidades que reflicten o que foi e segue a ser unha cosmogonía patriarcal que inundaba e inunda o día a día.

De aí ese desexo que desprende o título e que reflicte a necesidade de deixar esas actitudes paternalistas e posesivas que impiden o pleno desenvolvemento da metade da poboación, tan só por cuestión de xénero.

A obra en clave de humor pretende ser inicio dunha necesaria reflexión colectiva sobre o papel que desenvolveu e desenvolve a muller nunha sociedade tradicional como a nosa, e que esa reflexión sexa motor de inicio que permita aos poucos cambiar o conto.

Pechará a xornada, ás 19.30 horas, a actuación Grupo de Música Tradicional da AAVV Cultural Deportiva Castelo Rato Abricandeira Folk, actuación dentro do programa Museiqueando da Deputación de Lugo.

O 18 de maio celebrarase tamén a Noite dos Museos con Pequeamigos en escena: Teatro na Noite dos Museos.

Os membros do Club Pequeamigxs de San Paio de Narla reúnense para participar nos obradoiros, concerto, contos, cear  e … a durmir, que son horas! Nenos e nenas do Club Pequeamigxs, tras degustar unha cea medieval, pasarán a noite na Torre de Xiá con pais e nais, avós e avoas, vivencia interxerancional con un retorno ao pasado, afondando no coñecemento da nosa cultura, da nosa historia do medievo.