Skip to main content
ActualidadeVilalba

Investigan a un vilalbés por provocar un incendio para cobrar o seguro

Por 17 Maio, 2019Sin comentarios

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Vilalba de 51 anos de idade como suposto autor dun delito de incendio de bens propios cunha finalidade intencionada de defraudar á compañía aseguradora e outro de defraudación de fluído eléctrico.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de setembro nunha vivenda situada no termo municipal de Vilalba, cando tralo incendio dun inmoble iníciase unha investigación policial que dá como resultado a investigación do presunto autor dos feitos. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.