Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Carballo Vivo organiza en Friol unhas xornadas sobre alimentación saudable

Por 20 Maio, 2019Sin comentarios

O local da asociación Carballo Vivo de Friol acollerá o 22 de maio, a partir das 16.00 horas, un taller de Educación de hábitos alimenetarios saudables a través das TIC.

Nesta actividade abordaranse algunhas nocións básicas de nutrición a través dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías, teléfonos intelixentes, tabletas e Internet converténdose nun recurso para sensibilizar ao adulto maior da importancia dunha dieta sa para o benestar xeral.

Haberá actividades sobre dietas, menús, a través dos medios ofrecidos polas novas tecnoloxías blogs, vídeos, redes sociais.

O taller ten unha duración de tres horas e está dirixido a persoas maiores de 55 anos. Poderán participar aproximadamente uns 20 persoas.

Os participantes poden levar o seu teléfono móbil ou tablet, e se non teñen, xa se lles proporciona no curso. Para apuntarse enviar un correo a carballovivo@gmail.com