Skip to main content
ActualidadeMeira

A Deputación destina 300.000 euros anuais ao financiamento da residencia de Meira

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o convenio de colaboración co Concello de Meira sobre o centro de maiores neste municipio.

O convenio recolle que terán prioridade de acceso ás 30 prazas de residencia e 20 de centro de día que ofrecen estas instalacións os veciños de Meira en primeiro lugar, logo os da Comarca da Terra Chá e seguidamente lucenses en xeral.

O custo da praza calcularase en base á capacidade económica de cada usuario. O convenio reflicte una achega anual da Deputación de 300.000 euros anuais para financiar as prazas a maiores da provincia que non teñen recursos económicos suficientes. Comprométense 1,2 millóns de euros provinciais ata xuño de 2022.

Todo isto garante aos maiores da provincia o acceso universal ás prazas deste centro.

A Xunta de Goberno tamén acordou destinar 32.000 euros á dotación dun peche do recinto do centro residencial meirego. Pola súa banda, o Concello de Meira está a traballar no regulamento e ordenanza fiscal do centro de maiores, seguindo o modelo acordado por Deputación e outros municipios. 

Campos Conde, presidente da Deputación, explicou que “mentres Deputación e Concello traballamos, Partido Popular e non adscrito seguen sen entregar o edificio e o resultados das obras do centro de maiores de Meira que manteñen secuestrado en Suplusa”. Isto é necesario para comprobar os traballos realizados ou os pendentes para a apertura destas instalacións.