Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta acollerá o día 2 a Festa dos xogos tradicionais

Por 26 Maio, 2019Sin comentarios

A  edición número XI da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) en Cospeito, a única en Galicia adicada aos xogos tradicionais, será o domingo 2 de xuño no campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Nesta nova edición haberá uns cen xogos tradicionais, a maioria ancestrais que se practicaban na comarca chairega. Entre todos haberá unha mostra de billarda, birlos, loitas ou o lanzamento con tirachinas. Xogos como o agocho ou as catro esquinas, sinxelos e populares hai anos, son algúns dos que se poden descubrir nas demostracións de Xotramu. A asociación adoita realizar bastantes desprazamentos ao ano.

Muimenta será así un escenario dos xogos tradicionais infantís: aro, carreira de sacos, brilé, comba, etc., durante a mañá do sábado 2 de xuño na que tamén está previso celebrar un campionato de bolos en liña con trofeos para os gañadores e un aberto de billarda. Xa pola tarde haberá xogos, sobre todo para os adultos: carreiras de cántaros, arrebolamento de sacho, chave de madeira, etc.

O programa contará tamén coa exposición de fotografías Fauna Chairega, de Manuel Sanmartín, cedidas polo Iescha así como postos de artesáns e diferentes puntos de venda.

Esta covocatoria da Festa dos Xogos tradicionais lévase a cabo ao lado do Museo Pedagóxico das Zocas, que entrará no desenvolvemento da programación.

Xotramu lembra que todas as actividades serán de balde e que haberá un remate final da xornada con música tradicional galega en directo.