Skip to main content
ActualidadeBegonteRábade TERRACHÁXA

A Asociación Músico Crisanto clasura o curso con varias audicións e un festival

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

A Asociación Músico Crisanto inicia  hoxe as súas audicións de fin de curso polos centros dos concellos aos que ofrece servizo.

A primeira das actuacións ten lugar hoxe, 28 de maio, as 20.00 horas no Centro Social de Rábade. Mañá, mércores será a vez do Concello de Outeiro de Rei, na Casa da Cultura, ás 17.30 horas. O xoves 30 a Casa da Cultura de Begonte acollerá dita representación ás 19.30 horas e a última volverá celebrarse en Rábade, o venres 31 ás 17:00 horas de noo no Centro Socialcultural.

Finalmente, o tradicional festival de fin de curso porá o punto e final ao curso na Carballeira de Santa Isabel, en Outeiro, o sábado 8 de xuño, ás 18.00 horas.