Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Deputación e Concello de Pol financian a dotación dunha área deportiva

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

A Xunta de Goberno aprobou colaborar con 139.000 euros co proxecto da área deportiva de Mosteiro, que contempla a renovación e mellora dun campo de fútbol, así como a dotación de pistas de xogos e deportes tradicionais. O Concello de Pol destina a esta iniciativa outros 124.000 euros procedentes do Plan Único 2019.

O proxecto inclúe dotar ao terreo de xogo de herba natural, sistemas de drenaxe e rego, accesos e peche. Contará cunhas dimensións de 105 metros de longo e 68 de ancho. Estes traballos permitirán a práctica de fútbol 11 ao largo do campo e de dous partidos de fútbol 7 paralelos no lado curto. Habilitaranse espazos para deportes tradicionais.