Skip to main content
Actualidade

O CD As Pontes ascende como campión do grupo Norte de Preferente

Por 28 Maio, 2019Sin comentarios

O CD As Pontes sénior rematou unha espectacular tempada tras fimar o ascenso á Terceira División ao rematar como campión do Grupo norte de Preferente. Este título foi recollido polo conxunto pontés con antelación á finalización da Liga xa que sacou moita vantaxe, 14 puntos.

Pero esta non foi a única boa nova para o conxunto das Pontes xa que o Prebenxamín B  acadou o campionato de liga do Grupo 23 da Primeira Automomica e o benxamín A logrou o título de liga do Grupo 21 de primeira autonómica (campions de todo ferrolterra).

Despois, o cadete certificou o seu pase á fase de ascenso a liga galega despois de vencer ao campión de liga e copa. Posteriormente o xuvenil A acadou a permanencia en liga galega un ano máis.