Skip to main content
Actualidade

Custodia do Territorio organiza unha actividade de debuxo no Courel

Por 29 Maio, 2019Sin comentarios

O domingo 2 de xuño, capitaneados pola debuxante de natureza Mariana Roura, a Asociación Galega de Custodia do Territorio desenvolverá a actividade Debuxando Natureza nunha das microrreservas de flora do Courel. 

A cita é en Seoane ás 11:00 h. no bar Lembranza e de alí subirán en coche ata preto do Monte Cido, onde nun paseo polo sendeiro delimitado, localizarán exemplares das especies a conservar e debuxar.

A actividade está limitada a 12 ilustradores e está previsto un xantar no campo.

A organización recomenda o uso un o varios lápices, sacapuntas, goma, caderno ou block de campo, lápices de cores, rotuladores, ceras, acuarelas, bote, pinceis e silla plegable ou apoio.