Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba terá unha nova noite aberta o venres 31 de maio

Por 29 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba celebrará unha nova edición da Noite Aberta o venres 31 de maio, entre as 21.00 e as 0.00 horas. Un total de 14 establecementos participarán nesta iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios Sete Pontes e o Concello de Vilalba.

Os establecementos participantes serán Texas, R-Set, Novalux, Zokos, Urbo Moda, Sanjurjo Moda, O Rincón Encantado, O Gato con Botas, Carapuchiña Vermella, Retoños, Minds Educación, Intgermoda, Peluquería Celia e Alain Afflelou Óptico.

Todos estes comercios alongarán ata a media noite o seu horario de apertura e sacarán a súa mercaduría á rúa ofrecendo descontos e ofertas de todo tipo.

A xornada estará amenizada polos pasarrúas de Buxos Verdes, Asociación xuvenil Entre Lusco e Fusco e a Banda de Gaitas Mato Vizoso.