Skip to main content
Actualidade

O viveiro de empresas de Outeiro de Rei ten dúas naves dispoñibles

Por 11 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei ten dúas naves de 65 m2 cada unha delas dispoñibles no viveiro industrial. As persoas interesadas en recibir información sobre a súa ocupación poden facelo os martes en horario de 10:00 h a 14:00 h nas propias instalacións do viveiro sitas no Parque Empresarial de Outeiro de Rei- Rúa do Acivro,2 ou no tfno. 982 399 908.

O obxectivo fundamental desta infraestrutura é facilitar o nacemento de novas empresas de carácter industrial ofrecendo as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das mesmas. Tamén poden obter espazo no viveiro empresas industriais de recente creación, constituídas nun prazo inferior aos 6 meses desde a data de solicitude de admisión.

O tempo de permanencia nestas instalacións será de doce meses, estando prevista a posibilidade de prorrogar este prazo de estancia por motivos extraordinarios por un período máximo doutros doce meses (no primeiro caso, o custe do arrendamento e gratuíto e durante o tempo de prórroga o custe de arrendamento é de 1 €/m2).