Skip to main content
A PastorizaActualidade

A ITV móbil estará en xullo na Pastoriza

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará dende o 15 ata o 31 de xullo no Concello da Pastoriza, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 luns, martes e xoves mentres que os mércores e venres só atenderá pola mañá.

A unidade estará situada no campo da festa de San Martín de Corvelle os días 15, 16, 17 e 18 e detras da gasolineira da Pastoriza entre o 19  o 31.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.