Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte convoca un concurso infantil de debuxo contra a violencia

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Begonte mantén aberto ata o día 19 o prazo de inscrición para participar no I Concurso de Debuxos e Lemas Contra a Violencia de Xénero.

O obxectivo deste concurso, subvencionado polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade (Secretaría de Estado de Igualdad), é realizar unha campaña de sensibilización, concienciación e prevención contra a violencia cara a muller, a través de material divulgativo que se deseñaran cos debuxos gañadores.

No concurso establécense dúas categorías, para alumnos de Infantil e para os de Primaria e cada neno poderá presentar só un debuxo. A técnica e o estilo é libre e o tamaño será un A4.

Os traballao deberán presentarse no CEIP Virxeo do Corpiño de Begonte ou no CEIP de Baamonde en sobre pechado.

Haberá tres premios por categoría que consistirán nunha medalla e un diploma. Ademais, entre eles escollaranse varios para realizar unha campaña de sensibilización, concienciación e prevención da violencia cara a muller.