Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz contará tamén cun campamento para os máis pequenos

Por 16 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Gutiriz organiza tamén un campamento de verán para os pequenos de 3 a 9 anos, que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 31 de agosto en quendas de quince días naturais. Leva por título Conciclia Vacacións e pretende axudar na tarefa da conciliación da vida laboral e familiar a tódalas familias, pero con especial atención a aquelas
que estean nunha situación de maior vulnerabilidade. É unha medida contemplada dentro do II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2016-2020.

A través dunha personaxe, Miñoca, os nenos e nenas traballarán os diferentes alimentos ao longo das diferentes quendas. Ó mesmo tempo poderán aprender a coidar o medio ambiente da mellor maneira posible cun obxectivo moi concreto: Reducir a produción de residuos, especialmente plásticos. Intentaremos que aprendan a diferenciar os alimentos reais dos produtos procesados así como coñecer os beneficios da boa comida. Coma tódolos anos desfrutarán dun día de piscina semanal se o tempo o permite, así coma de diferentes saídas polo Concello.

O prazo de inscrición remata este martes e deberá facerse no Concello de Guitiriz. O horario de atención será de 10.00 a 14.00 horas. O prezo da actividade será de 30 euros por quenda, con descontos para os que se matriculen en máis dunha queda, irmán, familias monoparentais e persoas en risco de exclusión social.