Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

O Concello de Pol arranxa o barrio de Andión, na parroquia de Silva

Por 21 Xuño, 2019Agosto 29th, 2019Sin comentarios

O Concello de Pol continúa cos traballos de acondicionamento de estradas e asfaltado das entradas das casas e explotacións que está a realizar nos últimos anos. Así, nestes días estase a traballar no barrio de Andión, na parroquia de Silva.

Tamén teñen previsto coninuar para o próximo mes con Baílle polo que quedarían sen rematar as zonas de Bouzuá e A Vilavella.

Por outra parte, o Concello ten previsto iniciar un prazo de quince días as obras da zona de xogos tradicionais que se vai ubicar ao lado do colexio aínda que como sinalou o alcalde, Lino Rodríguez Ónega, está pendente da notificación de Agader para iniciar o proceso. O Concello de Pol ten redactado xa un proxecto para 2019 cun espazo de esparcimento para os veciños con xogos tradicionais, onde haberá bolos, billarda e petanca, entre outros, e o resto de áreas deportivas.

Así mesmo tamén nun curo prazo de tempo está previsto o inicio das obras da traída de auga en Caraño. As obras consistirán na colocación de máis de seis quilómetros de tubaxe para levar a auga a sitios da parroquia onde antes non había.