Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte está a acondicionar os campos da festa de Saavedra e Santalla

Por 23 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Begonte está a rematar as obras de arranxo e acondicionamento dos campos da festa de Saavedra e Santalla.

Trátase de dous compromisos que tiña o equipo de goberno en ambas as dúas localidades.

En Saavedra, os terreos eran da asociación de veciños e o concello firmou unha actuación de 50.000 euros tras obter o permiso de Dirección Xeral de Patrimonio, ao estar situado ao lado da igrexa. Os traballos estanser realizando con formigón desactivado, xabre e deixando unha zona de xardín. O Concello está a rematar estas obras.

Na parroquia de Santalla de Pena, os veciños compraron uns terreos para destinar ao campo de festa e será o concello o que se encargue das obras. Xa se fixo a retirada de terra vexetal e o rechero e continúan coa fase de aglomerado. Estes traballo teñen tamén un orzamento de preto de 50.000 euros.

Por outra banda, o concello está a preparar os contratos para a adxudicación das obras do Plan Único, pero aínda están na primeira fase.