Skip to main content
Actualidade

A Deputación destina 330.000 euros á mellora de dotacións e infraestruturas públicas en 2 concellos

Por 1 Xullo, 2019Sin comentarios

A xunta de Goberno da Deputación aprobou un investimento de case 330.000 euros para mellorar servizos e dotacións públicas nos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei, coas que mellorar o día a día dos veciños destes municipios.

Concretamente, as actuacións que se aprobaron son, 195.802 euros en Outeiro de Rei cos que se realizarán obras de apertura dun treito viario para a ordenación do tráfico no casco urbano do municipio.

E 133.911 euros en Castro de Rei dirixidos a realizar melloras no campo municipal, como a instalación de novo céspede, así como do sistema de rego e de alumeado.