Skip to main content
AbadínActualidade

O centro de día de Abadín acolle unha xornada de seguridade para maiores

Por 8 Xullo, 2019Sin comentarios

O centro de día de Abadín, pertencente á rede galega de centros de maiores da Xunta de Galicia, celebrou unha xornada na que participaron membros da Comandancia da Garda Civil da Pastoriza, na que as usuarias e usuarios coñeceron as pautas para poñerse en contacto cos servizos de emerxencia no caso de que fose necesario. Ademais, informóuselles de como actuar e protexerse ante situación coma roubos, estafas ou maltrato.

A Xunta de Galicia segue a traballar coa organización de actividades coma esta a prol do benestar dos nosos maiores, así como na posta en marcha de iniciativas que fomentan un envellecemento activo. O centro de Abadín, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta con 40 prazas e cunha ocupación total.