Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei repartiu os seus premios de escultura con motoserra e pintura rápida

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei designou trala celebración da XIII Feira de Artesanía varios premios. Así, estableceu os do primeiro campionato de escultura con motoserra no que se inscribiron un total de seis participantes, resultando premiado en primeiro lugar (con 200 euros máis detalle da empresa Husqvarna) a obra titulada Rodeiro realizada por Omar López Nieto. O segundo posto (con 150 euros máis detalle de Husqvarna) foi para a obra titulada Cantero realizada por José Fervenza Otero. Finalmente, en terceiro lugar (con 100 euros máis detalle de Husqvarna) quedou  a obra titulada Oleiro, realizada por Eugenio Linares Granda.

Por outra banda, no concurso de pintura ao aire libre, no que se inscribiron un total de dezaseis artistas, resultou vencedor en primeir lugar  e con 800 euros máis diploma acreditativo de premio a obra titulada O Muíño, realizada por Raúl Gil Burés.

O segundo premio, de 400 euros máis diploma, foi para a obra titulada Reflexos en verde, realizada por Sergio Ribeiro.

Terceiro (con 200 euros máis diploma acreditativo) resultou gañadora a obra titulada: Fiandeiras na Calle D,  realizada por Eduardo Pérez Baamonde.

As obras premiadas poderán verse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ata o día 30/07/2019 en horario de 10:00 h a 14:00 h.

Durante a xornada de celebración da feira tivo lugar tamén o sorteo de 20 premios de 50 euros cada un deles e que corresponderon aos boletos 1539/ 1577/ 1709/ 1932/ 2008/ 2166/ 2696/ 2851/ 2863/ 3014/ 3140/ 3310/ 3696/ 3778/ 3906/ 4090/ 4099/ 4328/ 4332/ 4359.

As persoas acredoras poden retiralos no Concello de Outeiro de Rei no prazo dun mes dende a celebración do sorteo (ata o 06/08/2019) presentando o resgardo da rifa.