Skip to main content
ActualidadeXermade

O PP de Xermade acusa ao alcalde de disparar o gasto do Concello

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

“O PSOE dispara o gasto no Concello de Xermade”. Así o indica o voceiro do Partido Popular neste municipio, Antonio Riveira, logo de que os socialistas aprobasen no Pleno que o salario do alcalde, que tamén é funcionario da Xunta e foi elixido diputado pola comarca Terra Chá na Deputación de Lugo, suba ata os 20.400 € ano, que se distribúen en 12 pagas (1.700 €/mes) por unha dedicación parcial de 30 horas/semana.

Ademais do incremento no soldo do rexedor, os edís do PSOE tamén aprobaron outra dedicación parcial para o concelleiro de Medio Rural, Emprego, Infraestruturas de Auga, Sumidoiro, Alumeado Publico e recollida de RSU, Medio Ambiente e Forestal, o socialista Jose Prieto Barro, de 12 horas/semana; o que suporá un incremento do gasto de persoal de 7.200 € anuais en 12 pagas (600 €/mes).

Por outra banda, o goberno municipal volta a crear a Xunta de Goberno Local, un órgano de creación voluntaria, que fora suprimido no anterior mandato. A asistencia a estas sesións suporá un notable incremento do gasto municipal, pois por cada compararencia prevese unha retribución de 100 €/día por cada concelleiro, debendo reunirse por lei, dúas veces ao mes. “O grave non é que o creen, o grave é que o fan porque nel só están unicamente os concelleiros do PSOE. É dicir, por el interés, te quiero Andrés”, insiste.

Pola contra, critican que o rexedor quitase todas as competencias posibles ao Pleno, “privando” así á oposición da oportunidade de facer o seu labor. Nesta supresión inclúese o exercicio de acción xudiciais e administrativas, declaración de lesividade dos actos do Concello e a aprobación de proxectos de obras e servizos. Neste caso, a asistencia fíxase en 60 €/día.

Para os populares, que o importe sexa menor que o dos Plenos “é o de menos”, o reprobable, indican, “é que o fagan porque neste caso si que está representada toda a corporación, aplicando unha diferencia que nunca existira anteriormente neste Concello”.

Transferencia de crédito para facer estes pagos
Precisamente, para facer fronte a estes custes, a entidade local tivo que aprobar unha transferencia de crédito, xa que non estaban contemplados nos presupostos deste ano. Este trámite administrativo e económico faise da partida de asistencia técnica urbanística, que estaba destinada ao pagamento dos servizos contratados con un arquitecto, que finalizou en marzo.

Agora, apunta Riveira, existe outra arquitecta contratada, “pero o servizo está desbordado de traballo e con previsión de seguir”; motivo polo que entenden que esa partida debería manterse para traballos de servizos técnicos e poder poñer as autorizacións e licenzas de obras e proxectos ao día.

Por tanto, para os populares, máis que as dedicacións aprobadas faría falta unha dedicación mais técnica que acometerá a xestón e organización dos traballos do Plan Xeral –que leva catro anos parado-, retomar o inventario de camiños e bens, “prescindindo da chapuza presentada”, ou as Ordenanzas IBI que, “por non actualizalas, as edificacións en solo rústico pagan cinco veces máis que en núcleo rural”.