Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés e o As Pontes arrincan a tempada coa presentación oficial

Por 24 Xullo, 2019Sin comentarios

O primeiro equipo do Rácing Vilalbés celebrou a súa presentación oficial esta semana e celebrou a primeira sesión de adestramento do equipo, no que participaron xa as novas incorporacións e un amplo grupo de canteiráns que traballarán co equipo, así como varios xogadores a proba.

Nesta presentación estivo presente a alcaldesa da cidade, Elba Veleiro, así como os concelleiros Modesto Renda e María Xosé Fernández. Todos eles desexáronlle ao equipo e ao club moitos éxitos.

Os xogadores estrenaron o campo da Madalena, no que se fixo unha remodelación durante o verán.

O conxunto, que milita na Terceira División, empezará a competición a fin de semana do 25 de agosto e o primeiro partido disputarano na casa ante o recén ascendido As Pontes para visitar o campo do Silva  na segunda. A segunda xornada para os ponteses será na casa ante o Arzúa

A competición está previsto que remate, tras 38 xornadas, o 17 de maio.

O conxunto Pontés tamén fixo a súa presentación oficial durante o mes de xullo aproveitando a celebración da vixésimo quinta edición do Trofeo Vila das Pontes, que enfrontaba ao conxunto local co Rácing de Ferrol. O triunfo foi para os ponteses, que malia acadar un resultado final de 1-1 (gol de Carlos) a victoria viu da quenda de penaltis.