Skip to main content
ActualidadeXermade

Quedan dúas prazas no campamento de verán Xermade Concilia

Por 6 Agosto, 2019Sin comentarios

O concello de Xermade puxo en marcha un ano máis o campamento de verán para facilitar o acceso dos nenos do termo municipal a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.

Pero debido á presencia de dúas vacantes no campamento e o non dispoñer dunha lista de espera para cubrilas, segundo as bases que regulan o funcionamento do campamento, ábrese un novo prazo de inscrición ata o día 9 de agosto ás 14.30 horas.

Nesta ocasión, aceptaránse as solicitudes por orde de rexistro de entrada. Para máis información, 982 501 001 (ext. 3) ou 678 744 178.