Skip to main content
Actualidade

Santa Leocadia vivirá o día 10 unha nova festa do Emigrante

Por 6 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Santa Leocadia en Castro de Rei celebrará novamente a Festa do Emigrante o día 10 de agosto no campo da Barxa.

A festa ten como centro condutor o xantar popular que se celebrará no propio campo. O interesados en participar nesta comida, que terá prezos populares, deberán reservar mesa no teléfono 618 012 763 antes do venres anterior. A organización porá tamén un menú con mexillóns ao vapor e churrasco para os que desexen sumarse. Os que queiran poderán levar a súa popia comida.

Antes do xantar haberá sesión vermú coa orquestra Época, que tamén amenizará a tarde ata as 22.00 horas. Para sufragar os gastos tamén habera rifas.