Skip to main content
ActualidadeBegonte

Arrinca o Festival 27373 en Begonte

Por 9 Agosto, 2019Sin comentarios

O Club Fluvial de Begonte acollerá un ano máis o Festival 27373, que será o 10 de agosto e que xa ten preparada a súa programación para esta oitava edición.

A partir das 12:00 comezarán os paseos de kaiaks pola contorna do río Ladra, para dar paso despois a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional.

Máis tarde será a sesión vermú con A.C. Fonte de Merlán, na que ademais da cervexa propia do Festival (a 27373), presentarán unha nova cervexa exclusiva do Festival, a Castiñeiripa, unha cervexa amarga, de graduación media e con lima ecolóxica da mariña de Lugo, feita coa colaboración impagable da xente de Cervexa Artesá Aloumiña.

Ás 17:00 comezará o Aberto de Billarda. E xa a partir das 19:00 horas, comezarán os rapaces de Teatro Marionetas Trécola coa súa representación Tolitates, unha obra de teatro para pequenos e maiores que chegan ao festival grazas ao Concello de Begonte.

Máis tarde será a quenda das Lagharteira, que serán as representantes femininas no festival e as que porán o sotaque tradicional. Despois actuarán Filophóbicas co seu rock social e festeiro. E para rematar a xornada O Puto Coro do Exército Froilanista, fará o peche musical.

Como en anos anteriores, haberá zona de acampada con entrada gratuíta.