Skip to main content
ActualidadeCospeito

Vilapene de Cospeito celebra as súas patronais os días 15, 17 e 18 de agosto

Por 12 Agosto, 2019Sin comentarios

A parroquia de Vilapene de Cospeito celebrará as súas festas patronais na honra a Nosa Señora os días 15, 17 e 18 de agosto.

Os actos darán comezo o xoves 15 co oficio relixioso, ás 13.030 horas, seguido de procesión e sesión vermú a cargo de Son de Lugh, e despois será o xantar veciñal servido polo bar Félix que estará composto por empanada, xamón cocido á feira, churrasco, patacas fritas, chourizos, pan, sobremesa e café.

A comisión convida a dúas persoas por casa da parroquia, o resto de asistentes deberán aboar 20 euros por persoa os adultos e os menores de 10 anos gratis.

O sábado 17 haberá misa solemne ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Deluxe, a mesma que se encargará tamén á noite da verbena xunto coa orquestra Maracuyá.

O domingo 18 repetirase o oficio relixioso ás 13.30 horas, a procesión e sesión vermú que estará amenizada polo grupo Punto Clave.