Skip to main content
Actualidade

Castro celebra o sábado a segunda edición do Mini BTT

Por 13 Agosto, 2019Setembro 11th, 2019Sin comentarios

O club BTT de Castro convocou este ano unha nova edición do Mini BTT, que se desenvolverá o 14 de setembro a partir das 16.00 horas na Carballeira da localidade. Esta convocatoria quere repetir o éxito acadado o ano pasado.

O obxectivo do mesmo non é a competición e nel poden participar todos os nenos e nenas que o desexen aínda que é necesaria a inscrición, que é de balde.

Haberá diferentes circuítos con xincanas para todas as idades. Todos eles terá o seu propio dorsal, ademais de merendas, regalos e máis sorpresas.