Skip to main content
Actualidade

O 23 rematará o campamento de inmersión lingüística das Pontes

Por 13 Agosto, 2019Sin comentarios

A concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, Tania Pardo visitou aos nenos e nenas que participan na cuarta edición do campamento de inmersión lingüística Summer Fun.

Este actividade, dirixida ao alumnado de primaria do municipio, ten como obxectivo prioritario promover o uso da lingua inglesa, entre os menores, a través de actividades de carácter lúdico entre as que se atopan clases de cociña, actividades deportivas, sesións de música e baile así como visitas a diferentes puntos do casco urbano, ao tempo que facilita a conciliación familiar e laboral das familias pontesas.

Tania Pardo achegouse ata o campamento para coñecer, de primeira man, a marcha desta iniciativa e dar a benvida ao alumnado que participa na segunda queda do campamento que se estenderá ata o 23 de agosto.

A edil durante a súa visita subliñou a importancia destas actividades que permiten achegar aos máis novos da vila á lingua inglesa nun contexto diferente ao da escola, aprendendo a relacionarse co idioma de xeito positivo, ao tempo que fomenta unha serie de valores esenciais para o desenvolvemento persoal dos participantes tales como o traballo en equipa, o respecto, xenerosidade ou independencia.

Pardo tamén recordou que o campamento é de balde e aínda quedan prazas, tanto nesta quenda como na terceira, que se desenvolverá entre os días 26 de agosto ó 6 de setembro. Tod@s @s interesad@s en participar poden inscribirse ou solicitar máis información na OMIX, situada na Biblioteca Municipal, ou chamando ou enviando un whatsapp aos números 651 30 86 74 /667 31 66 71 ou ao 981 102 562.