Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha nova asociación de Vilalba organiza a I Festa do Peregrino

Por 14 Agosto, 2019Sin comentarios

Vilalba acollerá este sábado, 17 de agosto, a celebración da I Festa do Peregrino que organiza tamén unha nova asociación, Camiño de Santiago por Vilalba, unha entidade que reúne a varios hostaleiros do Concello co obxectivo de dinamizar os negocios locais e ao mesmo tempo poñer en valor o Camiño Norte de Santiago ao seu paso pola capital da Terra Chá.

Esta primeira edición da Festa do Peregrino consistirá nunha sesión bermú con animación dunha discoteca móbil e unha churrascada, actos que se desenvolverán na rúa Basanta Silva. Para poder degustar este churrasco hai varias opcións, poden pagarse os sete euros que custa a ración ou presentar un ticket de dez euros polo consumo de bebidas en calquera dos tres locais organizadores do evento, que son Taberna Guerrero, Xoldra e Coctelería 80/20.

Esta festa está apoiada polo Concello de Vilalba polo que o propio concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, acudiu á presentación deste evento que ten como obxectivo poñer en marcha unha páxina web e repartir dípticos coa oferta de ocio de Vilalba.