Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Perruquería Mixta Friol disputará o Trofeo Concello de Friol o domingo

Por 16 Agosto, 2019Agosto 17th, 2019Sin comentarios

O Perruquería Mixta Friol disputará o domingo 18 a VII edición do Trofeo Concello de Friol de Fútbol fronte ao CD Parquesol, equipo que realizará a única saída da tempada para xogar este prestixioso trofeo en Friol.

Este partido promete ser moi atractivo para o espectador xa que os dous compartirán este ano categoría e grupo.

O encontro atópase dentro do calendario de pretemporada do conxunto feminino que este ano xogará en Primeira B. Terá lugar o domingo 18 de agosto, ás 18.00 horas no campo da Reigosa.

A continuación, terá lugar o encontro de categoría de Primeira Auonómica, tamén feminino, entre o coxunto B de Perruquería Mixta, e o Carballedo, que compartiron este ano categoría en Segunda.