Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Parga celebra o San Roque dende o sábado

Por 16 Agosto, 2019Sin comentarios

A localidade de Parga, en Guitiriz celebrará a fin de semana do 17 ao 19 as súas festas patronais na honra de San Roque.

A programación contará xa o sábado 17 coa actuación das orquestras Ciudad de Vigo e grupo Atenas, que amenizarán a xornada festiva en sesión vermús e verbena.

O domingo haberá misa solemne ás 13.00 horas na honra a San Roque. Nesta ocasión a sesión vermú e a verbena estarán ao cargo do grupo Kalima e a orquestra Fania Blanco Show.

Á medianoite terá lguar a tradicional tirada de fogos artificiais xunto ao río.

O luns continuarán as celebracións con dúas sesións musicais habituais a cargo do grupo Dilema e a orquestra Panamá.

Completará a programación este luns unha festa infantil nas instalacións do CIT que dará comezo ás 17.00 horas e á que están invitados todos os rapaces da vila.

A organización lembra que as verbenas darán comezo ás 22.00 horas.