Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade prepara unha nova festa dos Maiores para o día 6 de setembro

Por 26 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará o 6 de setembro a súa tradicional Festa das Persoas Maiores, que chega nesta ocasión á súa edición número XVI e que volverá celebrarase no Pavillón Municipal.

A celebraración dará comezo ás 12.00 horas cunha misa na igrexa parroquial seguida da actuación dun grupo musical na praza do Concello, antes da comida, que dará comezo ás 14.00 horas. Pola tarde haberá baile e o tradicional recoñecemento ao home e a muller de maior idade.

O menú da comida, que terá un custe de dez euros para os veciños do concello, contará con polbo, paella, churrasco, postres, café e bebidas. Para aqueles que desexen asistir e non estén empadroados en Xermade, o custe da inscrición é de 20 euros.

O prazo para anotarse xa está aberto e pode facerse no propio consistorio ou chamando ao 982 501001 antes do día 2.