Skip to main content
ActualidadeCospeito

Membros de Xotramu participan nun festival de Verona

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

Unha representación da Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta, Xotramu, participará entre o 12 e o 15 de setembro no Tocati: Festival Internazionale dei Giochi in Strada en Verona, Italia.

Dito festival organizado pola Associazione Giochi Antichi (AGA), que xa vai pola XVII edición, está no rexistro de Boas Prácticas da Unesco  por salvagardar o Patrimonio Cultural Inmaterial.

Co xogo de rúa como punto de partida o festival conta cunha programación contiua durante catro días onde Xotramu participará nun xogo veronés que se chama S-cianco e que a AGA axudou a revitalizar reunindo testemuñas sobre o regulamento (transmitido só verbalmente) e que era diferente segundo os barrios da provincia.

Para Xotramu “é unha honra ser convidada a participar neste gran evento e agardamos poder traer novas ideas que sumen á nosa labor pero tamén empaparnos das gañas e da diversión de xogar na rúa”.