Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

As escolas deportivas de Guitiriz abren o prazo de inscrición para este ano

Por 2 Setembro, 2019Sin comentarios

As escolas deportivas do Concello de Gutiriz comezan unha nova etapa e abren as súas portas para as inscricións deste ano desde hoxe ata o 20 de setembro.

Neste curso 2019/20 as actividades comezan o martes 1 de outubro de 2019 e rematan o 31 de maio de 2020, a excepción de fútbol sala, que rematará o 15 de xuño por causa das competicións.

Para a realizacion das actividades é necesario un mínimo de 12 participantes para cada actividade e o prezo é de 10 euros/mes, pero tamén haberá descontos para familias.

Novamente, este ano hai unha ampla oferta de escolas deportivas. Así, contan con ximnasia de rehabilitación, pilates ou actividades aeróbicas e tamén cos tradicionais deportes como fútbol salda, baloncesto ou taekwondo.

Fútbol sala: De luns a venres todas as tardes no pavillón municipal, segundo horarios dos distintos equipos. Sábados e domingos partidos das competicións. Aberto o prazo para cubrir as vacantes existentes nas distintas categorías. Equipo minibenxamín: venres de 16.15 a 17.15 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro, Sesión multideporte (un día á semana, 5 euros ao mes). Inicio o venres 4 de outubro ás 16.15 h. 

Ximnasia rítmica: Luns de 16 a 17 horas (nados nos anos 2012, 13, 14 e 15) e outro de 17 a 18 horas (nados anos 2008, 09, 10, 11 e 12) no pavillón municipal. Inicio o luns 7 de outubro ás 16 h.

Atletismo e campo a através: Mércores e venres de 16.15 a 17.15 h no IES Poeta Díaz Castro. Máximo 15 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 16.15 horas. Idade máxima para inscribirse 15 anos (nados ano 2004). 

Baloncesto en grupo de 7 a 14 anos: Mércores de 17.15 a 18.45 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro. Máximo 15 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 17.15 horas.

Taekwondo: Martes e xoves de 16.15 a 17.15 horas no soto da Casa Habanera. Máximo 15 prazas. Inicio o martes 1 de outubro ás 16.15 horas. Idade máxima para inscribirse 15 anos (nados ano 2004).

Patinaxe: Martes de 16.30 a 18 horas, máximo 15 prazas. Inicio o martes 1 de outubro ás 16.30 h. Avisarase do lugar de realización da actividade.

Actividades aeróbicas, step e zumba: Luns e mércores de 20.30 a 21.30 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro. Máximo 50 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 20.30 horas.

Ioga: Martes e xoves de 21 a 22 horas na aula da primeira planta da Casa Barxa. Máximo 15 prazas. Inicio o martes 1 de outubro ás 21 horas. 

Pilates Grupo 1 avanzado: luns e mércores de 20.30 a 21.30 horas na aula da primeira planta da Casa Barxa. Máximo 15 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 20.30 horas. 

Pilates Grupo 2 iniciación: martes e xoves de 20 a 21 horas na aula da primeira planta da Casa Barxa. Máximo 15 prazas. Inicio o martes 1 de outubro ás 20 horas. 

Pilates Grupo 3 mixto: luns e mércores de 11 a 12 horas na aula da primeira planta da Casa Barxa. Máximo 15 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 11 horas. 

Ximnasia de rehabilitación Parga: Luns e mércores de 11 a 12 horas. Na Escola de Parga do Campo da Feira. Máximo 20 prazas. Inicio o mércores 2 de outubro ás 11 horas. 

Ximnasia de rehabilitación Guitiriz: Haberá dous grupos, un grupo martes e xoves de 10 a 11 e outro grupo de 11 a 12 horas. Máximo 15 prazas en cada grupo. No soto da Casa Habanera de Guitiriz. Inicio o martes 1 de outubro ás 11 horas para facer os grupos.