Skip to main content
ActualidadeXermade

Momán estará de festa en outubro

Por 3 Setembro, 2019Sin comentarios

Momán celebrará o 19 de outubro as súas festas patronais na honra a Virxe das Dolores e a festa da xuventude.

A celebración darán ás 11 horas cunha ruta cabalar e unha exposición de vehículos clásicos.

Xa ás 13.00 horas haberá unha misa solemne, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo da Charleston Big Band.

O xantar popular está composto por fabada asturiana, asado de tenreira ao espeto, sobremesa, café e chupito.

Os tiques custarán 25 euros, agás para os nenos de 6 a 12 anos que serán 12,50 euros, e os demais cativos serán gratis. Poderanse mercar nos bares de Momán e aos membros da comisión ata o 11 de outubro.

Pola tarde haberá un campionato de doma en touro mecánico, un de tiro á corda por equipos e animación DJ e festa dos 80.

Ás 21.00 poderase desfrutar de liscos, chourizo e pan, todo de balde, e máis tarde a orquestra Charleston Big Band e Fania Blanco Show porán a nota musical.