Skip to main content
Actualidade

A Pena de Francia no Freixo celebra as súas festas patronais

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

A Pena de Francia no Freixo, xa ten listo o programa das súas festas patronais, que se celebran na honra da Virxe de Pena de Francia e teñen as súas datas de celebración os días 7 e 8 de setembro.

As celebracións darán comezo co oficio relixioso a partir das 13.00 nos que haberá misa solemne. A continuación a sesión vermú estará a cargo do dúo Venus e dúo D’Ases.

Xa pola noite, haberá a verbena a cargo do dúo Venus.

O domingo 8 continuarán as celebracións, nas que se repetirán os oficios relixiosos pero ás 12.30, a procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de novo do dúo Venus.

Pola tarde, haberá unha poxa de produtos de Freixo.