Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol mellorará o Club Fluvial e a súa contorna

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, avanzou que xa estase a tramitar o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Friol para levar a cabo as obras de urbanización e mellora do Club Fluvial de Friol e a súa contorna.

José Ángel Santos Sánchez destacou que o importe da actuación elévase a 700.000 euros, dos que a Consellería abonará un 70%. Grazas a esta actuación, construirase unha nova edificación para o Club fluvial, para o que será necesario intervir no edificio actual -que ten máis de 40 anos e presenta un estado deficiente-, e urbanizaranse as piscinas existentes no complexo. En definitiva, se levarán a cabo obras para que un novo edificio ofreza as condicións necesarias de seguridade, salubridade e habitabilidade, xa que o actual presenta humidades, filtracións e danos estruturais.

Destacouse tamén que esta actuación executarase ao abeiro do Plan hUrbe, posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010, para apoiar ás entidades locais con actuacións que creen ou humanicen espazos de uso público e promovan o reequilibrio territorial. A modo de exemplo, recordou que Friol se beneficiou deste Plan, coa execución dunha mellora da seguridade viaria na a venida da Coruña e A Reigosa, a través dun convenio que asinado no ano 2016 por importe de 370.000 euros.

Por último, o alcalde destacou que grazas a iniciativas como esta promóvese a recuperación do xa construído, coidase a contorna e renóvanse infraestruturas que melloran a calidade de vida dos veciños.