Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Convocado un curso alfabetización dixital do GDR para veciños de Rábade

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

Promovido polo GDR4 Comarca de Lugo, está previsto que o xoves 19 de setembro de 2019 teña lugar en Rábade unha xornada que baixo o título O Cidadán Dixital, para formar ás persoas asistentes nos principais procedementos informáticos para que os apliquen no seu día a día tanto persoal como profesional.

Entre outros, os procedementos máis destacados que se verán nesta xornada son buscador de información na web, creación e envío de correos electrónicos, realización de trámites con algunhas administracións públicas, manexo de redes sociais, etc.

Esta xornada, sen custe económico para os participantes, celebrarase no Centro Sociocultural de Rábade en horario de 16:00 a 20:00 horas. Todas as persoas interesadas poden facer a súa inscrición na área de Cultura e Deporte do Concello ou chamando ao teléfono 982 390 062.

O límite de prazas é de 20 que serán cubertas por orde de inscrición; o prazo xa está aberto.