Skip to main content
ActualidadeVilalba

Un tramo da avenida Terra Chá de Vilalba pasa a ter sentido único

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de informar que a partir deste xoves, 19 de setembro, ás doce da noite o tramo de estrada desde a saída da rúa Alcalde Fraga Bello ata a de Benxamín Paz pasará a ter un único sentido de circulación polas obras na avenida Terra Chá. Este cambio no tráfico permitirá deixar un só carril de circulación central, reservando ambos lados para as obras que iniciaron hai preto de dous meses na avenida.

Ademais, desde o goberno local anuncian a prohibición da parada e estacionamento en todo o tramo, así como a sinalización “nas rúas que desembocan na zona que se atopa en obras”, informou o edil de Infraestruturas e Urbanismo, Luis Fernández.

Así, atoparanse sinais de “entrada prohibida” na Avenida Terra Chá para o tráfico de vehículos que circulen de Meira ata o centro de Vilalba. Do mesmo xeito, informarase da restrición ao tráfico nas rúas mencionadas co obxectivo de seguir o sentido único de circulación establecido.