Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade organiza un novo obradoiro para nenos contra a violencia de xénero

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

A biblioteca de Xermade retomará este sábado as actividades de Ler conta moito sobre a temática da igualdade e a violencia de xénero.

A primeira destas dará comozo ás 12 do mediodía coa visita do escritor e ilustrador vigués Anxo Fariña, que realizará un obradoiro para nenos dende os 6 ata os 12 anos. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente.

O proxecto consistirá en crear A cidade violeta SEN VIOLENCIA DE XÉNERO. Os participantes usarán ceras ou rotuladores e finalmente un verniz especial que brilla na escuridade que destaca como debería ser unha cidade sen violencia de xénero e con igualdade entre homes e mulleres. Así mesmo, falarán de como son algunhas actitudes da sociedade e de como deberían ser para acabar coa violencia de xénero e chegar á igualdade plena.