Skip to main content
ActualidadeVilalba

Gadis e a Fundación Seedo fomentan hábitos de vida saudables nas Pontes e Vilalba

Por 24 Setembro, 2019Sin comentarios

Supermercados Gadis continúa fomentando hábitos de vida saudables en colaboración coa Fundación para o Estudo da Obesidade Seedo no marco do programa Alixeira a túa vida. Por 5ª edición consecutiva, o tráiler coa exposición itinerante ha retomado o seu roteiro polas rúas de Galicia e Castela e León chega as Pontes o martes 24 de setembro, e a Vilalba o mércores 25.

Monitores especializados guían a visita a través da exposición, que se compón de contidos multimedia, imaxes e actividades interactivas como o xogo dixital Pon en orde a túa neveira, que proporciona pautas para preservar nas mellores condicións cada alimento, controlar o consumo de enerxía, etc.

Pola súa banda, os máis pequenos aprenden de maneira participativa coas pirámides físicas e o xogo de separación selectiva de residuos. O calendario de froitas e verduras de tempada é, en cada edición, un dos paneis orientativos máis consultados polo público de todas as idades.

Os contidos articúlanse ao redor de tres grandes bloques temáticos: consellos para levar unha dieta sa e equilibrada e a importancia de realizar exercicio físico; pautas para que nos fogares o consumo sexa seguro e estea baseado na sustentabilidade; e información para evitar na medida do posible o desperdicio alimentario.

O tráiler percorrerá durante os dous próximos meses máis de 30 localidades de Galicia e Castela e León. A súa instalación en zonas céntricas posibilita que os seus contidos cheguen a un público maior. Máis de 20.000 persoas visitan a exposición itinerante anualmente.

A colaboración de Gadis coa Fundación Seedo forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, que prioriza as iniciativas relacionadas co fomento do deporte e hábitos de vida sans e equilibrados. Pola súa banda, a Fundación Seedo ten como obxectivo desenvolver iniciativas de prevención e tratamento da obesidade en todo o territorio nacional.