Skip to main content
ActualidadeBegonte

Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de olería

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

Dentro das actividades relacionadas coa artesanía e a súa posta en valor, a asociación Castiñeiro Milenario porá en marcha, por primeira vez, un obradoiro de iniciación á olería coa recoñecida oleira de Bonxe, Pepa Lombao.

Debido ás dificultades de trasladar o obradoiro a Begonte, nesta ocasión, este terá lugarno taller da artista en Bonxe, polo que o obradoiro vaise facer nas súas instalacións de Outeiro de Rei.

O obradoiro será de 12 horas de duración e vaise realizar durante os seguintes sábados: 28 de setembro e 5, 12 e 26 de outubro en horario de 10:00 a 13:00. Para un bo desenvolvemento da actividade e por razóns técnicas o número de prazas está limitado a dez, que serán cubertas por estrita orde de inscrición, que se poderá facer no correo electrónico castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174 ata o 26 de setembro. O prezo é de 40 euros para persoas non socias e 30 para socias. Cómpre levar un mandilón para a actividade.