Skip to main content
ActualidadeCospeito

A Moexmu convida a gandeiros a aportar suxestións para a próxima feira

Por 30 Setembro, 2019Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, continúa coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración que terá lugar entre o venres 3 e domingo 5 de abril do 2020. As edicións a celebrar son aXXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXIV Concurso de Gando Frisón, a XXXIV Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXIV Poxa de Gando Selecto.

O próximo 19 de outubro terá lugar a segunda reunión de traballo organizada pola Comisión Organizadora da Moexmu con membros de Africor Lugo e Acruga, na que tamén estiveron presentes parte da comisión de gandeiros que, dende o ano 1999, asesora ás diferentes comisións da mostra na organización do único concurso de gando que se mantén vivo na provincia. Este ano, o convite amplíase a un representante de cada gandeiría qe participou no concurso.

A dita reunión tamén están convidados a Delegación Provincial da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Cospeito.

Os anfitrións serán, como sempre, a comisión organizadora da Moexmu, composta polos empresarios do pobo, que seguen apostando por esta celebración.

Nesta reunión, preparatoria para o concurso de gando frisión, quérense coñecer as impresións e inquedanzas do sector gandeiro que acude a este tipo de concurso  e intentar potencialo con todas as súas ideas e propostas.