Skip to main content
ActualidadeMuras

O Concello de Muras convoca unha praza de traballador social

Por 4 Outubro, 2019Sin comentarios

O concello de Muras vén de convocar unha oposición para unha praza de traballador ou traballadora social en réxime laboral fixo e a través de convocatoria libre.

O posto de traballo está dentro do Grupo A (Subgrupo A2) e ten unha dotación económica de  25.540,91 euros/brutos anuais a xornada completa.

Para optar cómpre posuir a titulación de diplomado en Traballo Social ou equivalente no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, que será a mediados do mes en curso.

A fase de oposición consistirá na realización de 3 probas de capacidade e aptitude eliminatorias e obrigatorias para os aspirantes. Entre as probas teóricas e práticas figura tamén un exame de tradución ao galego.