Skip to main content
ActualidadeXermade

Cazás celebra as súas festas patronais a mediados de mes

Por 7 Outubro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Cazás en Xermade celebra a fin de semana do 12 e 13 de outubro as súas festas patronais na honra da Divina Pastora.

A celebración dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Los Españoles. Esta mesma orquestra será a encargada pola noite da verbena que se completará coa actuación do dúo Estrellas.

O domingo haberá unha nova celebración relixiosa ás 13.00, á que seguirá tamén unha procesión e unha sesión vermú que estará a cargo do dúo Venus e que porá o punto e final ás celebracións.