Skip to main content
ActualidadeVilalba

Xermolos nomeou ao Chairego de Honra 2019

Por 7 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María nomearon Chairego de Honra 2019 a Iago Pérez Santalla.

O acto de homenaxe será o sábado 26 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.

Iago Pérez Santalla é un escritor con moito mérito persoal xa que tras unha parálise cerebral fíxose doutor e publicou libros.

Pérez Santalla, un activo máis nos actos culturais de Xermolos e a Irmandade Manuel María, publicou o seu primeiro libro en 2009, O ilímite de pensarte libre, e en 2011 El ilímite del potencial humano, xunto a Manuel Rivero.

Neste acto, que será presentado por David Otero, intervirán Alfonso Blanco, Xulio Cuba, Manuel Rivero, Ricardo P. Santalla, Mero Iglesias, Xulio Xiz, David Otero, e o nomeado Iago Pérez Santalla.

Despois do acto de homenaxe haberá un xantar no restaurante Carrizo en Santalla, e o menú terá un prezo de 20 euros.

Será preciso inscribirse no teléfono 646 41 38 90.